Saturday 27 de April de 2024

Un grupo de rapazas e rapaces achéganse á aeronáutica nun campamento de verán organizado pola Xunta en Mazaricos


Os participantes, de entre 14 e 17 anos, asisten a obradoiros formativos e lúdicos, e tamén desfrutan de actividades de multiaventura na natureza

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe, ao grupo de mozas e mozos que participan no campamento de verán que se celebra no albergue xuvenil Aeródromo da Fervenza. Nesta iniciativa os participantes teñen o seu primeiro contacto coa aeronáutica a
de obradoiros formativos e lúdicos.
As rapazas e rapaces que se dan cita neste campamento teñen idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos. As actividades comezaron o pasado día 30 de agosto e rematarán o vindeiro domingo, día 6. Ademais de achegarse ao campo da aeronáutica, o campamento inclúe actividades de multiaventura en contacto coa natureza.
En total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.
Así mesmo, a Consellería de Política Social oferta neste verán 348 prazas nun total de 29 campos de voluntariado (incluíndo as tres quendas de Cíes) para maiores de 18 anos por todo o territorio galego.